O feito de os usos sociais dominantes exerceren unha maior presión social sobre as mulleres explica a constatación de se situaren sempre nun chanzo que implica unha maior corrección e aproximación á norma lingüística de referencia. Un dos elementos de autodefensa das mulleres contra a súa exclusión social foi, pois, a incorporación como natural dunha seguranza lingüística baseada na lexitimidade que o sistema concedía aos seus modos de falar.
Por idénticas causas, en moitos contextos de contacto lingüístico foron as mulleres –fundamentalmente das clases medias e elevadas– as que, en maior medida, abandonaron a lingua propia para se adecuaren ao modelo de prestixio. Cumprían así o papel que simbolicamente lles asignara a mesma sociedade que non afondaba nas súas palabras a pesar de estaren os seus usos lingüísticos ateigados de matices que deberían lexitimar as súas voces a reclamaren ser escoitadas. O discurso normalizador, que pretendía e pretende a recuperación de ámbitos de usos para o noso idioma, recolleu sempre como preocupante o escaso emprego que as mulleres fixeron (e fan) da lingua galega sen se ocuparen de facer visible que respondía, máis unha vez, a unha subordinación esixida polo mesmo sistema que promove a división do traballo entre os sexos e que tira beneficios do oculto traballo feminino.
Queremos aproveitar a data do 25 de novembro, día da non violencia contra as mulleres, para facer pública a nosa denuncia de ser esta unha outra forma de violencia que debe ser erradicada para recuperarmos a nosa dignidade e manifestar publicamente o noso compromiso de nos construírmos, individual e colectivamente, na lingua propia deste país.
Sabemos que os procesos de restitución histórica son lentos e complexos e é por iso que defendemos que cada persoa vaia incorporando e/ou mellorando o galego nas súas interaccións sociais, na súa presenza pública e no exercicio das súas responsabilidades profesionais, e solicitamos que acudan ou que nos fagan chegar os seus textos, para faceren efectivo este compromiso, o propio día 25 de novembro, a partir das 10:00 horas e durante toda a xornada á Praza da Fariña (Azcárraga) onde levaremos a cabo unha lectura pública coa intención de nos afortalar individualmente e de contribuírmos a configurar un nós decidido a mudar todas e cada unha das situacións de dominio que se exercen sobre o planeta.
Convidámoste a participares e animámoste a que achegues por correo electrónico o teu propio texto ben de elaboración propia (pode ser inédito ou non), ben tirado dalgunha obra ou artigo que considerares de interese e sempre que cites a fonte.
Data: 25 de novembro, na praza da Fariña (Azcárraga) a partir das 10 da mañá.
En previsión de mal tempo o acto trasládase ao Paraninfo da Reitoría á mesma hora
Díptico
Textos recibidos por orde de chegada
| Teresa Moure (fragmento d'A xeira das árbores) | ![]() |
| Alberto Momán (poema) | ![]() |
| Begoña Paz (dous relatos d'A ferida; "True love" e "O cubo") | ![]() |
![]() |
|
| Chelo Suárez (relato "Illa de liberdade") | ![]() |
| Baldo Ramos (poema) | ![]() |
| Vicente Piñeiro González (fragmento da obra de teatro Pepa a Loba) | ![]() |
| Toño Núñez (poema Quérote; publicado no n.º 10 da revista Xistral) | ![]() |
| María Canosa ("Unha de vítimas", artigo publicado en La Voz de Galicia o 4 de xuño de 2007) | ![]() |
| Xosé Luís Martínez Pereiro (relato "A repichoca") | ![]() |
| Claudia Freire (artigo "Amor de caçadora..." e relato "Asas de condor-Cartas á paixão") | ![]() |
| Andrea Núñez Briones (poema) | ![]() |
| Óscar de Souto (Azilag; escolma) | ![]() |
| Diana Kurich (poema "Indolente") | ![]() |
| Carlos Negro (poema "Pinturas rupestres") | ![]() |
| Naír García Abelleira (relato) | ![]() |
| Helena Villar Janeiro (poema "As palabras nas bocas femininas") | ![]() |
| Antía Neira Castro (relatos: "Vai de mulleres..." e "Esquecida") | ![]() |
| María Xosé Silvar Fernández (artigo) | ![]() |
| Medos Romero (poemas d'O pozo da ferida e o relato "O ulido do sexo a peixe" de Dubido se matei a Lena) | ![]() |
![]() |
|
| Concha Blanco (capítulo XIX de Berta) | ![]() |
| Alberte Suras (artigo "Pan e Rosas" publicado na revista Latricadas e mais n'A Nosa Terra; poema "Man ergueita sobre meixela dourada") | ![]() |
![]() |
|
| Xosé Vázquez Pintor (capítulo 7 de Para dicir abril) | ![]() |
| María Pilar García Negro ("Carta aberta a Goretti Sanmartín", artigo publicado en La Opinión o 22 de novembro de 2008) | ![]() |
| Lucía Vilches Moya (poema "Amargo espertar" do poemario El teatro de la vida; tradución da autora) | ![]() |
| Xavier Seoane (poema "Dunha muller fanada" de Do ventre da cóbrega; no prelo) | ![]() |
| Narciso de Gabriel (relato "Elisa e Marcela. Alén dos homes") | ![]() |
| Maite Cambeiro Insua (poema) | ![]() |
| Carlos Vázquez González (recompilación de artigos publicados en La Voz de Galicia: "Revisar e seguir", "Vaca seca", "Malo, malo, malo eres..." e "Perder o medo") | ![]() |
| Manuel Miragaia Doldán (artigo "Pola non-violencia lingüística contra as mulleres") | ![]() |
| Ermitas Valencia ("Para contra a violencia recuperarmos a lingua", artigo publicado en La Opinión e El Ideal Gallego o 26 de novembro de 2008) | ![]() |







