Comisións de normalización lingüística (CNL)

Que é unha CNL?

Unha comisión de normalización lingüística (CNL) é unha unidade de traballo, con representación dos tres sectores da comunidade universitaria, que ten como finalidade servir de nexo entre o SNL e as distintas facultades e escolas para garantir, no seu ámbito de actuación, a implementación das medidas establecidas no Plan de normalización lingüística da Universidade.

Para que serve unha CNL?

Unha CNL ten, entre outras, as seguintes funcións:

  • recoller datos que permitan dispormos dunha diagnose actualizada da realidade lingüística dos centros
  • propor actuacións e definir obxectivos conducentes a unha maior presenza da lingua galega nos centros
  • canalizar os intereses e as preocupacións dos membros da comunidade universitaria sobre calquera aspecto da normalización lingüística (queixas, suxestións...)
  • difundir información e recursos que resultaren de interese para a difusión da lingua galega (materiais do SNL, cursos ou xornadas de formación...)
  • fomentar a coordinación con outras comisións para o intercambio inter ou intrauniversitario de experiencias normalizadoras

Como facer para pertencer á CNL dun centro?

Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros que dispón de CNL e queres participar nela, ponte en contacto co SNL e/ou coa persoa que coordina o seu funcionamento.

Onde atopar documentos para o traballo das CNL?

Desde o SNL pomos ao dispor dos membros das CNL unha serie de documentos de traballo (modelo de enquisas, posibles liñas de actuación...), así como lecturas e bibliografía verbo do proceso de normalización lingüística que consideramos de interese.

Con que recursos económicos contan as CNL?

Anualmente o Servizo de Normalización abre unha liña de axudas para que as comisións poidan levar adiante as súas actividades. Consulta co SNL a súa dispoñiblidade.

Como crear unha CNL?

Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros en que non hai CNL e queres que a haxa, ponte en contacto co SNL e/ou faille chegar a túa proposta por escrito ao equipo de goberno do teu centro.