Comisións de normalización lingüística

Que é unha CNL?

Unha comisión de normalización lingüística (CNL) é unha unidade de traballo, con representación dos tres sectores da comunidade universitaria, que ten como finalidade servir de nexo entre o SNL e as distintas facultades e escolas para garantir, no seu ámbito de actuación, a implementación das medidas establecidas no Plano de normalización lingüística da Universidade.

Para que serve unha CNL?

Unha CNL ten, entre outras, as seguintes funcións:

  • recoller datos que permitan dispormos dunha diagnose actualizada da realidade lingüística dos centros
  • propor actuacións e definir obxectivos conducentes a unha maior presenza da lingua galega nos centros
  • canalizar os intereses e as preocupacións dos membros da comunidade universitaria sobre calquera aspecto da normalización lingüística (queixas, suxestións...)
  • difundir información e recursos que resultaren de interese para a difusión da lingua galega (materiais do SNL, cursos ou xornadas de formación...)
  • fomentar a coordinación con outras comisións para o intercambio inter ou intrauniversitario de experiencias normalizadoras
En que centros hai CNL?

CNL da Fac. de Ciencias CNL da Escola Universitaria Politécnica
CNL da Fac. de Dereito CNL da Escola Politécnica Superior
CNL da Fac. de Filoloxía CNL da EU de Turismo
CNL da Fac. de CC. da Educación CNL da Fac. de CC. do Traballo
CNL da Fac. de Informática CNL da Facultade de Humanidades
CNL da Esc. Técnica Superior de Arquitectura  CNL da Facultade de Enfermaría e Podoloxía
CNL da Fac. de Economía e Empresa CNL da Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física
CNL da Fac. de CC. da Saúde
CNL da Fac. de CC. da Comunicación
CNL da Fac. de Socioloxía

Como facer para pertencer á CNL dun centro?

Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros indicados enriba e queres participar na súa Comisión, ponte en contacto co SNL e/ou coa persoa que coordina o seu funcionamento.

Onde atopar documentos para o traballo das CNL?

Desde o SNL pomos ao dispor dos membros das CNL unha serie de documentos de traballo (modelo de enquisas, ligazóns a recursos formativos, bibliografía de referencia...) que agardamos resulte de utilidade (...+).

Con que recursos económicos contan as CNL?

Anualmente o Servizo de Normalización abre unha liña de axudas para que as comisións poidan levar adiante as súas actividades (...+).

Como crear unha CNL?

Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros en que non hai CNL e queres que a haxa, ponte en contacto co SNL e/ou faille chegar a túa proposta por escrito ao equipo de goberno do teu centro.