Asesoramento

Corrección, fluidez, boa redacción, estilo, ortotipografía... Calidade lingüística

Traballamos para contribuír á mellora da calidade da lingua galega que se emprega na UDC e para homoxeneizarmos os usos que dela se realizan nesta institución.

Para conseguilo pomos á disposición da comunidade universitaria (PDI, PAS e alumnado) os servizos de revisión e tradución de textos, así como de resolución de dúbidas lingüísticas puntuais.

Doutra parte, pomos ao teu dispor algúns volumes que poden resultarche de axuda para mellorar tanto a lingua como a redacción dos teus textos escritos en galego: uns criterios para o uso da lingua, algunhas reflexións sobre a calidade da nosa lingua  e unha síntese gramatical que encontrarás aquí.