Para lograr este obxectivo poñemos á disposición da comunidade universitaria (PAS, PDI e alumnado) os seguintes servizos:
- Corrección e tradución de textos
- Resolución de dúbidas
- Establecemento de modelos de documentos
- Fixación de criterios lingüísticos
- Recursos
Pode enviarnos os seus documentos para revisar ou para traducir en formato electrónico. De os recibirmos en papel, faremos os cambios no propio documento e devolverémolos nese mesmo formato.
No ano 2007 editamos un Manual de documentos administrativos que recolle modelos comentados dos tipos de documento que máis se empregan na UDC e que pretende ser unha guía cómoda e práctica para redactar e elaborar documentos administrativos útiles e eficaces.
Manual de documentos administrativos





