Para conseguilo poñemos á disposición da comunidade universitaria (PAS, PDI e alumnado) os seguintes servizos:
- Corrección e tradución de textos
- Resolución de dúbidas
- Establecemento de modelos de documentos
- Fixación de criterios lingüísticos
Corrección e tradución de textos
Se es membro da comunidade universitaria, a Área de Asesoramento do SNL ofréceche de balde os servizos de revisión lingüística dos documentos que redactes en galego e tradución de castelán a galego daqueles documentos que crees neste idioma, con preferencia da revisión sobre a tradución e sempre e cando se tratar de textos relacionados co labor que desenvolvas no seo da UDC.Podes enviarnos os teus documentos para revisar ou traducir en formato electrónico. De os recibirmos en papel, faremos os cambios no propio documento e devolverémochos nese mesmo formato.
Requisitos
En formato electrónico:
- Se che é posible, pásalles un corrector ortográfico actualizado
- Envíanos os teus arquivos nun formato o máis estandár posible
- Comproba que non teñen virus!
- Envíaos con tempo suficiente para a súa revisión ou tradución
- Se che é posible, pásalles antes un corrector ortográfico actualizado
- Procura que o tipo de letra teña un tamaño mínimo de 12 puntos e que o interliñado sexa de 1,5
Resolución de dúbidas
De non saberes cal é a forma galega para denominar un "acuse de recibo", se é "amábel" ou "amable", por que o corrector ortográfico che marca como incorrecto "estudantado", se algunha palabra se escribe con maiúscula inicial ou non... non quedes coa dúbida, estamos ao teu dispor e podes contactar connosco ben por teléfono, ben por correo electrónico.Establecemento de modelos lingüísticos
No ano 2007 editamos un Manual
de documentos administrativos que
recolle modelos comentados dos documentos que máis se
empregan
na UDC e que pretende ser unha guía cómoda e
práctica para para axudar a redactar e a elaborar documentos
administrativos útiles e eficaces.Manual de documentos administrativos





