X Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras

O SNL, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décima edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.

Persoas destinatarias

Aquelas persoas de fóra de Galicia interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega e en ampliaren os seus coñecementos sobre a cultura galega.

Niveis

Nivel elemental (A1-A2) de iniciación á lingua galega para as persoas que desexen introducirse no seu coñecemento

Nivel intermedio (B1-B2) destinado a quen xa relizase o curso de nivel elemental ou acredite documentalmente un coñecemento básico do idioma.


Calendario, duración e lugar de realización

80 horas lectivas que se impartirán entre o 2 e 24 de xullo de 2018 na Universidade da Coruña

Bolsas

A Universidade concederá 18 bolsas de estadía de 500 euros brutos (suxeitos ás retencións correspondentes: 19% no caso de persoas procedentes da Unión Europea e 24% para persoas procedentes de países non comunitarios).
 

Documentación e prazo para formalizar a inscrición
  1. Solicitude debidamente cuberta.
  2. Imaxe dixitalizada do documento de identidade (para cidadáns da Unión Europea) ou pasaporte para persoas de fóra da Comunidade Europea.
  3. Currículo da persoa solicitante.
  4. Unha breve memoria en que figuren, cando menos, as motivacións e o interese polo coñecemento e estudo da lingua e cultura galegas, así como a contribución do curso para a formación e o futuro laboral e/ou investigador.
  5. De ser posible, unha carta de presentación dun/ha profesor/a da entidade en que estuda.

Toda esta documentación enviarase ao correo electrónico snl@udc.gal antes do 17 de maio de 2018.
 

Matrícula

As persoas seleccionadas recibirán unha comunicación por correo electrónico co formulario e as instrucións para formalizar a matrícula.

O seu importe é de 60 €.

Texto íntegro da convocatoria

 

Ligazóns de interese para saber máis sobre Galicia e a súa lingua