Faladoiro Musical con Ses

Letras Galegas 2018

ACUSTICO SES 331x706_banner

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con máis de dez anos de traxectoria, María Xosé Silvar, SES, é na actualidade unha das cantantes galegas máis recoñecidas, fóra e dentro de Galicia. Entre outras, cancións como «Tempestades de Sal» ou «Milonga de aquí» son xa himnos para a moita xente que segue esta muller, comprometida co seu tempo e o seu país. Mais para alén de artista, María Xosé Silvar é tamén graduada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e en Antropoloxía Social pola UNED.

Agardámosvos o próximo 14 de maio ás 19:00 h no Paraninfo para o Faladoiro Musical que a UDC organiza con ocasión do Días das Letras Galegas 2018.