Curso de Actualización de Competencias Lingüísticas

Para persoal docente e investigador

Actividade formativa en liña dirixida ao persoal docente e investigador da Universidade da Coruña que ten como obxectivo asentar os coñecementos lingüísticos xa adquiridos e, a través da práctica, conseguir unha maior seguranza lingüística.

Prazas

O número máximo de prazas dispoñibles é de 40. O criterio de selección será a orde de recepción das solicitudes. Constituirase unha listaxe de agarda coas persoas que non atinxan unha praza.
 

Duración

30 horas lectivas (integramente en liña na plataforma Moodle)

Do 21 de maio ao 15 de xuño de 2018

Prazo de inscrición

Ata o 10 de maio de 2018

 

Texto íntegro da convocatoria
 

Contidos

Módulo I
Bloque de ortografía: as grafías b/v, h/-, s/x /// Bloque de gramática: o xénero e o número /// Bloque de léxico: termos dubidosos do A ao B
Módulo II
Bloque de ortografía: a acentuación /// Bloque de gramática: o artigo, o demostrativo e o posesivo /// Bloque de léxico: termos dubidosos do B ao C
Módulo III
Bloque de ortografía: os grupos -bl-/-br-, -cl-/-cr-, -fl-/-fr- e -gl-/-gr- /// Bloque de gramática: o relativo, o indefinido e os numerais /// Bloque de léxico: termos dubidosos do C ao D
Módulo IV
Bloque de ortografía: os grupos -cc-, -ct- e -pc- e -pt- /// Bloque de gramática: o pronome (I) /// Bloque de léxico: termos dubidosos do E ao I
Módulo V
Bloque de ortografía: as terminacións -cia/-za, -cio/-zo e o grupo culto –bs- + consoante /// Bloque de gramática: o pronome (II) /// Bloque de léxico: termos dubidosos do I ao P
Módulo VI
Bloque de ortografía: as terminacións -nte e -mento; -um, -us e -o /// Bloque de gramática: o verbo (I) /// Bloque de léxico: termos dubidosos do P ao S
Módulo VII
Bloque de ortografía: as terminacións -se, -ite, -te e -e /// Bloque de gramática: o verbo (II) /// Bloque de léxico: termos dubidosos do S ao T
Módulo VIII
Bloque de ortografía: as terminacións -ble/-bel e -ería/-aría; -dade/-edade/-idade e -tade /// Bloque de gramática: a preposición, o adverbio e a conxunción /// Bloque de léxico: termos dubidosos do T ao Z

Listaxe de persoas admitidas

Relación de PDI admitido

Establecéronse dous grupos.

 

Relación de persoas admitidas

Data de publicación: 18 de maio