XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Dúas modalidades: campaña normalizadora e idea para a promoción do galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo cuarta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Participantes

Todos os membros da comunidade universitaria galega ben de xeito individual, ben en grupos.

Modalidades

a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.

b) Unha idea para a promoción do galego.

As solicitudes presentaranse en calquera dos rexistros das tres universidades galegas e dirixiranse aos respectivos servizos/área de Normalización Lingüística.

Prazo de presentación

As 14:00 horas do 27 de outubro de 2017

Premios

1200 € para a persoa ou grupo que elaboren o deseño dunha campaña normalizadora

800 € para a persoa ou grupo que elaboren a idea para a promoción do galego

 

Texto íntegro da convocatoria

 

 

Resolución

Premio Luísa Villalta

Na súa reunión do 8 de novembro de 2017 o tribunal de selección decidiu por unanimidade:

  • Conceder o premio na modalidade "Deseño dunha campaña de promoción da lingua galega" ao traballo presentado baixo o lema En galego naturalmente.
  • Conceder por unanimidade o premio na modalidade "Premio a unha idea para a promoción do galego" ao traballo presentado baixo o lema O galego na mesa.

Ambos os traballos son da autoía de María Fernández Zas.

 

Texto íntegro da resolución

Data de publicación: 9 de novembro