Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega (2017)

Teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado

Convocatoria correspondente ao ano 2017, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística, cuxo obxectivo é incentivar o emprego da lingua galega en tarefas investigadoras.

Persoas destinatarias

Alumnado da UDC que redacte e defenda o seu traballo de investigación en lingua galega. Esta convocatoria abrangue as solicitudes do 18 de outubro de 2016 ata o 3 de novembro de 2017.

Contía das axudas

400 euros para as teses de doutoramento

75 euros para os traballos de fin de mestrado, traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da UDC ou en calquera dos rexistros auxiliares dos campus universitarios da Coruña e Ferrol. Tamén é posible nos demais medios habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación é de dous meses desde a defensa do traballo, agás para aqueles que se defendesen a partir do 18 de outubro de 2016 cuxo prazo conta desde a publicación desta convocatoria (para estes efectos o mes de agosto é inhábil).

O prazo xeral de presentación remata o 3 de novembro de 2017.

Texto íntegro da convocatoria

Documentación que hai que presentar cuberta:

1. Solicitude (DOC, ODT ou PDF)

2. Apartados I e V do Anexo I (debe vir selado e asinado pola entidade bancaria)

3. Modelo de declaración (DOC, ODT ou PDF)

4. Copia do traballo gravada nun CD.