VII Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega

A CNL da Facultade de Dereito convoca a sétima edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega co que se pretende incentivar a realización de traballos de investigación no ámbito xurídico por parte do estudantado en Dereito, ben como entre as persoas xa licenciadas ou graduadas.

Persoas destinatarias

A título individual poderán participar o estudantado matriculado no curso 2016/17 en calquera das titulacións oficiais (de grao ou de mestrado) que se imparten na Facultade de Dereito da UDC.

Tamén licenciados/as ou graduados/as en Dereito en calquera universidade galega.

Contido e extensión do traballo

Os traballos deberán ser inéditos e poderán abordar calquera obxecto susceptible de ser analizado baixo metodoloxía xuridica.

A extensión non será superior a 20 folios mecanografados con tipo de letra CG Times a 12 puntos, interliñado sinxelo

Contido do premio
  • 500 € na modalidade de estudantes
  • 500 € na modalidade licenciados/as ou graduados/as
Prazo de presentación

24 de outubro de 2016

Texto íntegro da convocatoria (modo de presentación, criterios de resolución...)

 

Resolución

Premio Lois Tobío

Data de publicación: 22 de novembro