Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega

CNL da Facultade de CC. da Comunicación

A CNL da Facultade de CC. da Comunicación convoca unha nova edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega no que poderá participar o alumnado que presentase o seu TFG nalgunha das tres convocatorias do curso académico 2015-16.

Deberán ser pezas audiovisuais ou multimedia que traten algún aspecto relacionado coa realidade galega, deberán estar gravadas en lingua galega, que deberá ter plena visibilidade e corrección.

É imprescindible o seu carácter inédito.

Premios

Premio único de 300 euros

Prazos

O prazo de presentación de entrega do traballo é o 15 de novembro, na Administración da Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía.

A data límite para a resolución do xurado será o 30 de novembro de 2016.

Texto íntegro da convocatoria

Resolución

TFG Comunicación

Resultaron premiados ex aequo os traballos: "Camilo: o último guerrilleiro de Galicia" e "Punto e seguido"

Texto da resolución

Data de publicación: 25 de novembro