X Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Un ano máis o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego, ben a título individual, ben á constitución de equipos caso das comisións de normalización lingüística ou asociacións estudantís.

Obxectivos

  • Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística.
  • Elaborar propostas que presenten rigorosidade planificadora e normalizadora para incentivar a investigación nos ámbitos da sociolingüística e planificación lingüística.
  • Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
  • Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.

Modalidades e premios

  • 1500 euros ao deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
  • 1000 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo for o fomento da lingua galega no ámbito universitario
O prazo de presentación dos proxectos remata o 8 de novembro de 2013


Consulta o texto íntegro da convocatoria

Consulta os proxectos e textos gañadores das anteriores edicións