Traballando en lingua. Do compromiso individual aos argumentos

O SNL, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), organizan a quinta edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o de Do compromiso individual aos argumentos.
Liñas temáticas
- reflexionar sobre a realidade da lingua galega na universidade
- introducir casos prácticos de compromiso individual co idioma
- escoitar as razóns para o mantemento lingüístico e para as mudanzas de idioma no caso galego
- avaliar as posibilidades de éxito das políticas lingüísticas institucionais
- ofrecer argumentos a prol do uso da(s) lingua(s)
- recoñecer o pasado inmediato como un espazo para confluír na modificación das actitudes
O custo da actividade é de 30 euros para a comunidade universitaria da UDC, as persoas desempregadas e socios/as da CTNL. Para o público en xeral o custo é de 50 euros
Lugar de realización
Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Para te preinscribires cubre a folla de preinscrición e envíaa por correo electrónico a snl@udc.es
O prazo de preinscrición remata o 23 de xuño de 2009 ás 14 horas
Texto completo da convocatoria
Programa definitivo
Consulta o material resultante deste curso





