VI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística

Traballando en lingua. Creatividade para a lingua



O SNL, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), organizan a sexta edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o de Creatividade para a lingua.

Liñas temáticas
 
  • reflexionar sobre a vinculación entre a política lingüística e a política cultural 
  • analizar os elementos de politica lingüística que se teñen en conta nas accións culturais
  • avaliar as accións relacionadas coa cultura que se utilizan nas políticas lingüísticas
  • presentar accións para a normalización e a dinamización lingüísticas que teñan como obxectivo intervir nas actividades e nos espazos de lecer
  • afondar na importancia da lingua para os espazos de lecer
  • recoñecer o pasado inmediato como un espazo para confluír na modificación das actitudes
Lugar e datas de realización
14, 15 e 16 de xullo
Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo

Texto completo da convocatoria e programa

Material