VI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras


O SNL, co finaciamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para Persoas Estranxeiras, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais

Persoas destinatarias

Aquelas persoas de fóra de Galicia interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega e en ampliaren os seus coñecementos sobre a cultura galega.

Niveis

Nivel elemental (A1-A2) de iniciación á lingua galega para as persoas que desexaren introducirse no seu coñecemento

Programa

Nivel intermedio (B1-B2), destinado a quen xa tiver realizado o curso elemental ou acreditar documentalmente un coñecemento básico do idioma

Programa

Calendario, duración e lugar de realización

Os cursos impartiranse do 1 ao 24 de xullo de 2013.

Número de prazas e bolsas

A Universidade concederá 16 bolsas de estadía de 500 € brutos (suxeitos, no caso das persoas estranxeiras, a un 24% de retención conforme co Real decreto lexislativo 5/2004).

Documentación

  • Formulario normalizado (Anexo I)
  • Fotocopia do documento de identidade (para cidadáns da Unión Europea) ou pasaporte
  • Impreso cos datos bancarios (Anexo IV) debidamente cuberto xunto cunha certificación da entidade bancaria
  • Currículo da persoa solicitante
  • Breve memoria en que figuraren as motivacións e o seu interese pola lingua galega
  • Se for posible, unha carta de presentación dun/ha profesor/a da entidade en que estuda ou estudou

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes con toda a documentación enviarase por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es:
                              

O prazo de preinscrición remata o 3 de maio de 2013.

Prezo da matrícula: 60 € (inclúe o material didáctico e os gastos das actividades complementarias de carácter cultural).

Texto íntegro da convocatoria

Listaxe de persoas adxudicatarias das bolsas de estadía


Listaxe definitiva de persoas admitidas







Ligazóns de interese>>>