VI Premio Luísa Villalta
Un ano máis o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Comostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego, ben a título individual, ben á constitución de equipos caso das comisións de normalización lingüística ou asociacións estudantís.
Obxectivos
- Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística.
- Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
- Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.
Premios
- 3000 euros ao deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
- 1500 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo for o fomento da lingua galega no ámbito universitario
Consulta o texto íntegro da convocatoria

Tríptico informativo

Resolución do premio
Consulta os proxectos e textos gañadores das anteriores edicións





