Dinamización Lingüística e Xustiza Social

O SNL, en colaboración co Concello de Carballo e coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), organiza a oitava edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o de Dinamización Lingüística e Xustiza Social.
Liñas temáticas:
- Fortalecer a idea de normalización lingüística como máis unha causa para reivindicarmos a xustiza social.
- Vincular a dinamización da lingua co ecoloxismo, o feminismo, a cooperación para o desenvolvemento, a defensa das persoas desfavorecidas etc.
- Amosar a oportunidade e necesidade de conectar e crear vínculos entre diferentes espazos que procuran unha maior xustiza social.
Todas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado, técnicos/as de normalización lingüística, técnicos/as de cultura, animadores/as socioculturais, asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).
Lugar de realización
Fórum Carballo
Rúa do Xílgaro
15100 Carballo
Datas
18, 19 e 20 de xullo
Prazas
80 persoas
Duración
20 horas
Custo: prezo reducido de 30 euros para o estudantado de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, pensionistas, persoas desempregadas, comunidade universitaria da UDC e socios/as da CTNL; 70 euros para todas as demais persoas interesadas.
Programa
Ligazón para efectuar a matrícula (prazo aberto do 1 de xuño ao 12 de xullo)
Información de interese sobre o aloxamento na vila de Carballo





