I Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega



A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o SNL convocan a primeira edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega

Poderá participar o alumnado matriculado no curso 2009-10 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así como doutores/as en Dereito cuxo posto de traballo ou desenvolvemento das súas funcións teña lugar na comunidade autónoma galega. Tamén investigadores predoutorais das tres universidades galegas.

Os traballos deberán ser inéditos e estar redactados en lingua galega.

Dúas modalidades:

  • un premio de 600€ para o estudantado
  • un premio de 900€ para os/as doutores/as en Dereito e investigadores predoutorais

Prazo de presentación: 15 de outubro de 2010

Texto completo da convocatoria

Cartel da convocatoria

Coñece máis sobre a figura de Lois Tobío

Resolución do premio

Resolución (bis)