IV Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega


A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o SNL convocan a cuarta edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.

Poderá participar o estudantado matriculado no curso 2012-13 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así como licenciados/as ou graduados/as en Dereito en calquera universidade galega.

Os traballos deberán ser inéditos e estar redactados en lingua galega. A participación é a título individual.

Dúas modalidades:

  • un premio de 600€ para o estudantado
  • un premio de 900€ para os/as licenciados/as ou graduados/as en Dereito

Prazo de presentación: 18 de outubro de 2013

Texto completo da convocatoria



Coñece máis sobre a figura de Lois Tobío