IV Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos

A CNL da Facultade de Filoloxía, en colaboración co SNL, organiza a cuarta edición do Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos.

Aberto a todo o estudantado da UDC.

Data límite de recepción dos traballos: 15 de febreiro de 2012

Catro modalidades:

  • Tradución directa do francés ao galego
  • Tradución inversa do galego ao francés
  • Tradución directa do inglés ao galego
  • Tradución inversa do galego ao inglés
Cadanseu premio de 250€ en cada unha das combinacións posibles.

Os textos para traducir son os seguintes:

Practico-Plastique, Expo-Journal, Rapport interne. Lapierre, M. et Verreault, C. (2001)
Water in Crisis: Paths to sustainable water use de Peter H. Gleick, Ecological Applications, 8(3), 1998, páx. 571-579
O nome e o símbolo dos elementos químicos, de Bermejo, M. R. et al. Xunta de Galicia. Capítulo 1: Antecedentes históricos modernos da notación química


Texto completo da convocatoria

Resolución do premio inglés-galego/galego-inglés

Resolución do premio francés-galego/galego-francés


Servizo de Normalización Lingüística

Universidade da Coruña