II Premios de investigación en lingua galega no ámbito económico-empresarial

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas comisións de normalización lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e mais a da Escola de Estudos Empresariais convocan dous premios de investigación en lingua para os tres colectivos universitarios.

O seu obxectivo fundamental é o de promoveren a investigación en lingua galega en temas de índole económica ou empresarial.

Profesorado

Os traballos deben ser orixinais (artigos, libros, capítulos de libros...) e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial

Prazo de presentación: 15 de outubro de 2010

Contía: un  premio de 1500 €

Texto íntegro da convocatoria

Resolución


PAS e alumnado

Os traballos deben ser inéditos e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial

Prazo de presentación: 15 de outubro de 2010

Contía: un premio de 1200 €, un áccesit de 600 € e outro de 300 €

Texto íntegro da convocatoria

Resolución