CNL da Escola Politécnica Superior e CNL da Escola Universitaria Politécnica

A CNL da Escola Politécnica Superior e a CNL da Escola Universitaria Politécnica, en colaboración co SNL, convocan o II Concurso de Traballos Académicos Redactados en Lingua Galega.

Persoas destinatarias

Todo o estudantado de calquera das titulacións oficiais que se imparten en ambos os centros.
Fican excluídas as persoas gañadoras da anterior edición.

Características dos traballos

Cada concursante presentará un único traballo, realizado individualmente, correspondente a unha materia do curso 2011/2012. O traballo deberá ser previamente avaliado polo/a profesor/a da materia correspondente e acadar un nivel de calidade suficiente.

A extensión dos traballos non será inferior aos 10 folios DIN A4 mecanografados en Times New Roman de 12 cun interliñado sinxelo e un espazamento entre parágrafos de 10 puntos.

Prazo de presentación dos traballos

21 de setembro de 2012

Premios

1.º premio: 600 euros
2.º premio: 400 euros
Dous terceiros premios de 200 euros

Consulta o texto completo da convocatoria, modo e lugar de presentación dos traballos, e criterios de avaliación do xurado


Resolución



Servizo de Normalización Lingüística

Universidade da Coruña