
O SNL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a terceira edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais
Persoas destinatarias
Aquelas persoas de fóra de Galicia interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega e en ampliaren os seus coñecementos sobre a cultura galega.Calendario, duración e lugar de realización
O curso impartirase do 5 ao 30 de xullo de 2010 e desenvolverase, preferencialmente, en horario de mañá das 10.00 ás 13.00 horas na Facultade de Filoloxía da UDC.Número de prazas e bolsas
O número máximo de persoas participantes é de 25. A Universidade concederá 15 bolsas de estadía de 500€ brutos (suxeitos a un 24% de retención).Documentación
- Currículo da persoa solicitante
- Breve memoria en que figuraren as motivacións e o seu interese pola lingua galega
- Se for posible, unha carta de presentación dun/ha profesor/a da entidade en que estuda ou estudou.
- Solicitude (anexo I) e impreso de datos bancarios (anexo VI) integramente cubertos.
- Fotocopia do documento de identidade ou pasaporte.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes con toda a documentación enviaranse por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es ou ben por correo postal a:Servizo de Normalización Lingüística
Universidade da Coruña
Rúa Maestranza, 9
15001 A Coruña
O prazo remata o 28 de maio de 2010.
Texto íntegro da convocatoria e modelo de solicitude

Listaxe provisoria de bolsas concedidas
Listaxe definitiva de bolsas concedidasPrograma

Ligazóns de interese>>>





