Actualización infraestrutura wifi

O vindeiro luns 23 de outubro, a partir das 22h30, levarase a cabo unha actualización das controladoras que xestionan todos os puntos de acceso wifi da Universidade (excepto Residencia Universitaria).

Estímase unha duración dos traballos de 2 horas, e durante o transcurso destes, non estará dispoñible o servizo de conexión wifi.

A actualización corrixe a vulnerabilidade que se publicou esta semana do protocolo WPA2 e outros bugs detectados que afectan o funcionamento dos puntos de acceso.