Modernización da infraestrutura WiFi no Edificio de Apoio ao Estudo e Talleres

Modernización da infraestructura WiFi no Edificio de Apoio ao Estudo e no de Talleres de Esteiro

A Universidade atópase inmersa nun proceso de actualización tecnolóxica da infraestrutura que se utiliza para o servizo de conectividade mediante wifi.

O novo equipamento, que se está instalando nos edificios da Universidade, dispón dos máis modernos protocolos relacionados con tecnoloxía wifi existentes no mercado, así como maiores capacidades de procesamento e velocidade de transferencia, que reducirán os problemas de saturación en momentos de máximo uso.

Ademais, seguindo con este proceso de mellora do servizo, ao longo do curso académico, está previsto recolocar e ampliar o número de puntos de acceso situados nos espazos dedicados á docencia (aulas, seminarios, bibliotecas) que así o requiran, conseguindo tanto unha mellora de cobertura como de capacidade.

 

Renováronse os puntos de acceso wifi dos seguinte edificios :

  • Talleres
  • Edificio de Apoio ao Estudio