Dispoñible a nova aplicación UDC móbil para iOS e android

Atópase dispoñible a aplicación UDC móbil para os distintos usuarios alumnos, pas e pdi nas súas versións iOS e Android.

UDC móbil é unha aplicación desenvolvida pola Universidade dá Coruña, a través do Consorcio Interuniversitario para a Xestión Universitaria de Galicia, CIXUG. A súa principal función é proporcionar unha nova canle de comunicación e información para a comunidade universitaria e para o resto da sociedade interesada na actualidade da UDC.

Desde a app móbil poderanse consultar notificacións, o taboleiro de noticias da nosa universidade, estudos así como diferentes directorios e catálogos de información.

Pode descargala desde o seu Apple store ou Google Play.

androidios