Novas medidas de seguridade que afectan ao uso do escritorio remoto

Para mellorar a seguridade da rede da universidade,  o acceso por escritorio remoto (protocolo RDP) aos equipos que teñan ips públicas tense que facer a través da VPN, de agora en adiante.

Se precisa configurar a VPN na páxina http://www.udc.es/rede/vpn.html está a guía de configuración

 

¿A quen afecta esta medida? Só afecta a aqueles usuarios  que  accedan dende fora da universidade a un equipo da universidade  que teña unha ip nunha rede pública utilizando o escritorio remoto (protocolo RDP)

 Esta medida non afecta para nada ao uso normal dos postos de traballos dos traballadores, nin tampouco aos recursos e aplicacións informáticas da universidade.