¿Que é a Universidade Senior?

A Universidade Senior da Universidade da Coruña consiste en estudos destinados a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

A Universidade Senior, como programa de estudos universitarios, consta dun plano docente distribuído en catro cursos académicos.


TÍTULO:
O alumnado que complete os catro cursos poderá conseguir o Título de Graduado Senior pola Universidade da Coruña.
Graduado Senior
4 cursos (36 créditos)


ESTUDOS
Os estudos da Universidade Senior consisten en catro cursos cunha duración de 8 meses (outubro-xuño) e cun total de 36 créditos (360 horas lectivas), a razón de 9 créditos cada ano. A docencia será de 3 a 4 horas semanais, segundo as materias.
O alumnado poderá elixir 3 materias ofertadas por un total de nove créditos anuais (90 horas).
As materias pertencen ás tres áreas temáticas de Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencia e Tecnoloxía, e Ciencias da Saúde.
O alumnado poderá ademais escoller un ou máis obradoiros entre os distintos ofertados, que teñen unha periodicidade quincenal.
De xeito opcional o alumnado que non obtivese praza e o que xa rematara os estudos poderá matricularse como oínte.
 

¿A quen vai dirixido?

CONDICIÓNS DE ACCESO:

  • Idade igual ou superior a 50 anos
  • Coñecementos básicos
  • Situación laboral: xubilados, prexubilados, parados e persoas sen actividade laboral remunerada

 

PRAZAS PARA O PRIMEIRO CURSO
Campus da Coruña : 110
Campus de Ferrol : 45
Custo do curso (tres materias) : 108 €
Custo oínte (cada materia) : 46 €
Custo talleres : 46 €


SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN NO PRIMEIRO CURSO
Mediante un impreso oficial, que poderá obterse nas oficinas dos campus da Coruña (Centro Universitario de Riazor, r/ Almirante Lángara s/n) e de Ferrol (Edificio de Usos Administrativos, campus de Esteiro, Ferrol).


O PERÍODO DE PREINSCRICIÓN será do 15 de xuño ao 24 de xullo, e do 1 ao 4 de setembro do 2009.

O sorteo público das prazas para o primeiro curso terá lugar na sede da Universidade Senior na Coruña o día 14 de setembro ás 11 horas.

PRAZOS DE MATRÍCULA:


ALUMNOS DE 1º CURSO: Do 16 ao 25 de setembro.
ALUMNOS DE 2º, 3º e 4º: Do 22 xuño ao 3 de xullo.

As clases comezarán o día 13 de outubro.