Taller de Manexo Avanzado de Internet e Multimedia

Prof. Juan Ares Casal

Prof. Sonia María Suárez Garaboa

 

Obxectivos:

  • Que os asistentes adquiran as capacidades básicas para o manejo de aplicacións en Internet más aló da procura de información. Estas capacidades se refiren ao manexo de blogs, páxinas web, redes sociais e mecanismos de comunicación a través de Internet.
  • Que os asistentes adquiran as capacidades básicas para o tratamento de datos multimedia. Esto é, a producción de CD e DVD, e a creación de películas mediante software adicado.


Contido:


Tema 1. Blogs
Creación dun blog a través de Blogger e mantemento do mesmo (publicación de contidos textuais, gráficos, ligazóns a outras páxinas, etc.). Navegación por blogs de interese publicados en Internet.


Tema 2. Páxinas web
Creación de páxinas web a partir de documentos, incluindo o deseño da súa apariencia e o contido (texto, imáxes, etc.) das mesmas.


Tema 3. Redes sociais
Manexo das principais redes sociais actuais (Facebook e Twitter). Creación dunha conta persoal, procura de persoas, publicación de contidos, xestión da conta.


Tema 4. Skype
Comunicación de texto, voz e vídeo a través de Internet mediante o software Skype para conectar a varios usuarios.


Tema 5. Tratamento de audio e vídeo
Manexo de aplicacións para o tratamento de audio e vídeo (Nero e Movie Maker). Producción de CD e DVD mediante Nero. Creación de películas mediante Movie Maker.

 

Tema 6. Spotify.

Plataforma para reproducción de música en Internet

 


Metodoloxía:
O taller combinará a exposición de contidos teóricos coa súa posta en operación mediante exercicios prácticos. A compoñente práctica será a de maior importancia. Así, se partirá de concisas exposicións teóricas para seguir cun amplo número de exemplos para a comprensión e adquisición de práctica no manexo dos conceptos. Estos exemplos serán tanto resoltos polo profesor como propostos para a súa resolución por parte dos asistentes durante as horas do taller, contando en todo momento có apoio e asesoramento do profesor.

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000