Taller Europeo

Obxectivos:

  • Promover unha cidadanía europea activa entre os estudiantes sénior.
  • Favorecer a adquisición de novos coñecementos e habilidades mediante unha metodología activa e participativa.
  • Mellorar as destrezas e recursos xa adquiridos polos alumnos e alumnas, e a adquisición de novos recursos.
  • Potenciación de actitudes e destrezas: aprender a aprender e aprender para compartir.
  • Fomentar unha maior adaptación ás necesidades e potencial individual dos estudantes.

  

logo grundtvigA implicación da Universidade Sénior no desenvolvemento e na execución de proxectos europeos comenza no curso 2003-2004, e se mantén de xeito ininterrumpido ata o actual 2010-2011. Ao longo destes anos, os proxectos educativos europeos nos que ten participado a Universidade Sénior foron de xeito maioritario as denominadas Asociacións de Aprendizaxe.

 


2003-2006: European Senior Citizens’ Storyboard
logo storyboardEn 2003 se inicia o proxecto denominado European Senior Citizens’ Storyboard, mediante unha asociación de aprendizaxe. O obxectivo xeral da Asociación de Aprendizaxe era promover a interacción entre os cidadáns europeos maiores, fomentando a aprendizaxe e o intercambio de coñecementos sobre o patrimonio cultural, utilizando para isto as novas tecnoloxías e a aprendizaxe do inglés como lingua vehicular do proxecto, e deste xeito, promover nos participantes un sentimento de pertenencia a unha Europa común a todos eles.
Utilizáronse as tecnoloxías da información e comunicación para que os alumnos/s expuxeran ditas historias na páxina web do proxecto, añadindo a posibilidade de realizar comentarios sobre éstas e interactuar cós autores mediante correo electrónico. Neste proxecto participaron socios procedentes de Italia, Reino Unido, Finlandia, Bélxica, Alemania e España, e tivo unha duración de tres anos, entre agosto de 2003 e xullo de 2006.

 

Website do proxecto "Senior Story Board"


2006-2009: Routes Towards Europe
logo rteBaixo a denominación de Routes Towards Europe, iniciouse en 2006, unha nova Asociación de Aprendizaxe na que se reuniron varios programas nacionais destinados a alumnos/as sénior e relacionados coas dinámicas de cidadanía activa no contexto cultural europeo.
Os grupos de estudio formados en cada un dos países participantes traballaban temas de identidade europea, usando como punto de partida a investigación sobre as rutas históricas de comunicación que foron conformando a idea dunha Europa común. Ademáis, realizaron estudos de lingua inglesa e sesións formativas acerca das tecnoloxías da información e a comunicación. Para o intercambio de información, opinión, etc., os participantes tiñan ao seu dispor as ferramentas informáticas do espazo web do proxecto e a plataforma de teleformación Moodle. Ademáis, por suposto, tanto alumnos como docentes se reunían en seminarios ou encuentros nacionales e internacionales con carácter anual. Diversas institucións de educación de adultos dos siguientes paises: Reino Unido, Finlandia, Alemania, Italia e España, participaron no proxecto Routes towards Europe, que finalizou en xullo de 2009.

 

Website do proxecto "Routes towards Europe"

 


2009-2011: Our Continent – Our Culture
logo oc-oc newO actual proxecto, denominado Our Continent – Our Culture que se iniciou en outubro de 2009 e finalizará no verán de 2011, trata das diversas formas nas que os europeos ten contribuido, e están a contribuir, á cultura común de Europa. A aprendizaxe de idiomas, a identidade, a cidadanía activa e a cohesión europea, xunto coa comprensión e a comunicación entre xeracións son aspectos fundamentais deste proxecto, en coincidencia cós obxectivos específicos e operativos de Grundtvig. Participan neste proxecto institucións de educación de adultos de Portugal, Italia, Alemania, Reino Unido, España e Finlandia.

 

 

 

Website do Proxecto "Our Continent -Our Culture"

Blog do Obradoiro Europeo "Our continent - Our Culture"

Rede Social do Proxecto "Our Continent- Our Culture"


A raiz da participación nestas Asociacións de Aprendizaxe Grundtvig, a Universidade Sénior ten ido tecendo unha rede de contactos que derivou no establecemento de relacións bilaterais con algúns das institucións que teñen participado como socios en ditos proxectos, ainda que xa sen a financiación da UE.


Mediante a firma dun convenio bilateral en 2008 de colaboración có HET Perspectief de Gante (Bélxica), se ten desenvolvido unha nova liña centrada no intercambio de estudantes e docentes, e a realización de actividades comúns mediante as novas tecnoloxías e se creou un novo taller europeo que leva funcionando desde o curso 2008-2009, centrado na literatura como punto de encontro das diferentes culturas que conforman a cultura común europea. Este taller leva o nome da poetisa galega Rosalía de Castro.

 

logo rosalia

 

 

 

 

 

Blog do Obradoiro Europeo "Rosalía de Castro"


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000