Informática Básica

Prof. Dr. Juan Ares Casal

Prof. Dr. Javier Andrade Garda

Prof. Dr. Santiago Rodríguez Yáñez

 

Obxectivos:

Que os asistentes adquiran as capacidades básicas para o manexo do ordenador persoal e as funcionalidades e aplicacións básicas nel instaladas, así como unha certa cultura e soltura no eido da Internet (procura de información, correo electrónico, etc.).

 

Contido:

Tema 1. Ordenador persoal: elementos, periférico, conexións, etc.

Tema 2. Interconexión de ordenadores: redes, módems, estrutura da Internet, etc.

Tema 3. MS-Windows: Introducción, entorno, explorador de Windows, etc.

Tema 4. Internet e MS Internet Explorer: Internet, navegacións, webs interesantes, procura de información, e-mail, etc.

Tema 5. MS-Word: Introducción, entorno, funcionalidades básicas, manexo, etc.

Tema 6. MS-Excel e MS-PowerPoint: Introducción, entorno e funcionalidades básicas.

 

Metodoloxía:

A materia combinará a exposición de contidos teóricos coa súa posta en operación mediante exemplos e exercicios prácticos a realizar polos asistentes. A compoñente práctica será a de maior importancia sen dúbida, reducindo os conceptos teóricos a pequenas exposicións.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000