Taller de Literatura

Prof. Dtora. María Dolores Sánchez Palomino

 

1. Obxectivos.
A materia pretende achegar o alumno a obras importantes da literatura universal, procurando abranguer diferentes tradicións lingüísticas e culturais, co fin de introducilo nesas tradicións, desenvolver o seu espírito crítico e mellorar a súa capacidade de expresión. Nesta ocasión, seleccionáronse obras narrativas da literatura contemporánea española, galega, hispanoamericana, inglesa, francesa e italiana. As obras non escritas orixinariamente en galego ou castelán leranse en tradución española (naturalmente, se algún alumno o desexa, pode lelas tamén na lingua orixinal).

 

2. Metodoloxía e orientacións.
Dado que se trata dun obradoiro, daráselle á materia un enfoque fundamentalmente práctico, de modo que, tras a lectura de cada obra, dedicarase un número de horas predeterminado á ánalise da mesma, á realización de actividades paralelas que poidan completar ou enriquecer o texto escrito (por exemplo, visionado de películas), exposición nas clases, etc. O comentario farase principalmente na aula segundo unhas pautas (non excluíntes) ofrecidas pola profesora.
O número de obras que se propón pode variar entre 5 (o máis probable) e 6, de tal maneira que o estudo de cada unha delas ocupará algo máis dun mes (6 ou 5 horas cada unha), tempo que o alumno terá para facer a lectura correspondente. Se dese tempo, abordaríase unha sexta obra, a que figura en último lugar. Salvo esta última, que é un pouco máis longa, a escolla estivo condicionada non só polo interese intrínseco das novelas e dos seus autores, senón tamén pola súa extensión: ningunha delas chega ás 200 páxinas; nalgún caso incluso, ao tratarse dunha colección de relatos, a extensión da lectura pode verse reducida se o tempo de que se dispón así o aconsella.
Os alumnos poderán manexar calquera edición. Recoméndase traer a primeira lectura feita para podermos comezar as clases cun maior aproveitamento. Cada alumno fará unha pequena exposición (uns dez minutos) sobre unha das obras.

3. Programa.


3.1. Miguel Delibes, Los santos inocentes.
3.1.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.1.2. Comentario interactivo.
3.1.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.1.4. Visionado da película.
3.1.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.


3.2. Albert Camus, El extranjero.
3.2.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.2.2. Comentario interactivo.
3.2.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.2.4. Visionado da película. (De non ser posible, actividade alternativa)
3.2.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.


3.3. Georges Orwell, Rebelión en la granja.

3.3.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.3.2. Comentario interactivo.
3.3.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.3.4. Visionado de película. (De non ser posible, actividade alternativa).
3.3.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.


3.4. Manuel Rivas, ¿Que me queres, amor?
3.4.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.4.2. Comentario interactivo.
3.4.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.4.4. Visionado de A lingua das bolboretas.
3.4.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.


3.5. Gabriel García Márquez, Crónica de una muerte anunciada.
3.5.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.5.2. Comentario interactivo.
3.5.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.5.4. Visionado da película. (De non ser posible, actividade alternativa).
3.5.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.


[3.6. Giuseppe Tomasi di Lampedusa, El gatopardo.
3.6.1. Presentación da obra, do autor e do seu contexto histórico e socio-cultural.
3.6.2 Comentario interactivo.
3.6.3. Exposición dos alumnos sobre un aspecto da obra.
3.6.4. Visionado da película.
3.6.5. Comparación entre o texto escrito e o texto fílmico.]

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000