De xeito voluntario os alumnos poderán matricularse dun ou máis dos seguintes talleres:
CAMPUS CORUÑA 2011/2012:
Taller de Inglés.
Taller de Manexo Avanzado de Internet e Multimedia
Taller Europeo
CAMPUS FERROL 2011/2012:
Taller de Lírica dos Trovadores
Taller Europeo
Pódense retirar os impresos de solicitude de praza nas Secretarías da Universidade Senior, nos seguintes prazos:
- Preinscrición: Do 27 de xuño ao 15 de xullo.
- Matrícula: Do 3 ao 7 de outubro
Normas do curso 2011/2012 para os talleres:
- Serán necesarios un mínimo de 20 alumnos/as para facer os talleres.
- En cada taller poderán matricularse un máximo de 85 alumnos/as excepto no Taller de Inglés e no Taller Europeo que o núm. máximo será de 30 alumnos/as en cada un, e no caso do Taller da Manexo Avanzado de Internet e Multimedia cun máximo de 40 alumnos/as.
- No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo no que terán preferencia os alumnos de matrícula oficial sobre os ex-alumnos, e os que non estiverean nunca matriculados sobre os que xa o estiveran algunha vez.
- Para matricularse no Taller Europeo é recomendable ter un nivel medio de Inglés e coñecementos básicos de Informática e Internet.
- O custo dos Talleres é de 46€ cada un, agás no caso do Taller Europeo que será de 54€.