A Universidade Sénior organiza as I Xornadas de Saúde

CAMPUS DE FERROL

Cartel_Seminario-Saude_2017_Ferrol 

 

 Resumen:

O envellecemento activo, segundo a OMS
(Organización Mundial da Saúde) é o proceso no que se optimizan as
oportunidades de saúde, participación e seguridade a finde mellorar a calidade de vida personas maiores.
O envellecemento acelerado da poboación e o aumento da esperanza de vida son un reto da nosa sociedade. Para conquerir un envellecemento activo e saudable é preciso potenciar o desenvolvemento de hábitos de vida saudable, físicos e mentais.
Dende a Universidade Sénior, o programa para maiores da UDC, entendemos que, dende o eido da formación que nos é propio, se pode fomentar o mantemento de hábitos saudables ao longo da vida: unha dieta equilibrada, unha  actividade física axeitada, evitar conductas de risco como o consumo de alcohol e tabaco, …, contribuindo a reducir o  risco de padecer enfermidades e mellorando a calidade de vida das persoas maiores.
 

 

 

 

Programa:

Xoves, 20 de abr i l d e 16 a 18 h .
“ Nutrición e dieta equilibrada”  a cargo dos Prof. Dr.D. Diego Bellido Guerrero e Dna. Cristina Porca Fernández.
Xoves, 27 de abril de 16 a 18 h .
“Patoloxías relevantes no envellecemento : diabetes, hipertensión”, a cargo dos  Prof. Dr. D. Diego Bellido Guerrero  e  Dra. Cristina Tejera Pérez, e un representante da Asociación de Diabéticos de Ferrol
Xoves, 4 de maio de 16 a 18 h .
“Calidade de Vida Relacionada coa Saúde do Pé”, a cargo do Prof. Dr. D. Daniel López López
Xoves, 18 de maio de 16 a 18 h.
“O exercicio e o movemento como forma de vida saudable para os maiores”, a cargo da Prof. Dna. Isabel Raposo Vidal
Xoves, 25 de maio de 16 a 18 h.
“Conductas de risco para a saúde: Tabaquismo e  consumo  de  alcohol”, a cargo da  Prof. Dra. Dna.  Pilar García de la Torre.
 

As xornadas están abertas a todo o alumnado da Universidade Sénior e ao público en xeral. Así, os alumnos e alumnas matriculados no curso 2016/2017 na Universidade Sénior poderán matricularse a un prezo de 20 €, mentres o público en xeral terá un prezo de 30 €. Dado que as prazas son limitadas, serán asignadas por orde de inscrición. A inscricións poderán realizarse na Secretaría da Universidade Sénior de Ferrol ata o 18 de abril.