Matrícula de graduados e graduadas sénior en materias de grao

campus_udc

Os alumnos e alumnas, logo de ter conquerido o título de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña, teñen a posibilidade de cursar, como oíntes, asignaturas dalgunha das titulacións que se imparten na Universidade da Coruña.
Para facilitar o acceso dos titulados da Universidade Sénior a esta opción, no presente catálogo se recolle unha ampla oferta de asignaturas que ofertan prazas para os nosos titulados e tituladas.

CATÁLOGO DE MATERIAS DE GRAO CON PRAZAS PARA GRADUADOS E GRADUADAS SÉNIOR

 

MATRÍCULA:
Para asignaturas do 1º CUADRIMESTRE (período de clases: desde o 9 de setembro ao 20 de decembro de 2013):
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 2 AO 6 DE SETEMBRO.
 

Para asignaturas do 2º CUADRIMESTRE (período de clases: desde o 28 de xaneiro ao 16 de maio de 2014):
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 30 DE SETEMBRO AO 4 DE OUTUBRO.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000