O vindeiro venres, 7 de xuño, ás 12 horas, terá lugar o Acto de entrega de diplomas de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña á novena promoción da Universidade Sénior.
O acto terá lugar no Salón de Actos do Campus de Esteiro en Ferrol (A Coruña) e estará presidido polo Vicerreitor de Titulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, D. Julio Abalde Alonso.
Ademais das intervencións de dúas alumnas en nome dos seus compañeiros e compañeiras de cada ún dos campus da Universidade Sénior, o acto contará coas intervencións de D. Juan Alberto Sucasas, docente de Filosofía en ambos campus e padriño da promoción, de Dna. Pilar Millor Arias, subdirectora e responsable do Campus de Ferrol, e Dna. María del Pilar García de la Torre, Directora da Universidade Sénior.
O acto tamén contará coa participación do Coro da Universidade Sénior, impusado pola asociación de alumnos e alumnas ADAYEUS, que interpretará os himnos universitario, Gaudeamus Igitur, e galego.
Para os alumnos e alumnas do campus da Coruña, o autobús sairá ás 10:45 dende diante da Normal (Paseo de Ronda, 47)
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000