A Universidade Sénior acolle alumnos e alumnas sénior de Gante (Bélxica)

Dentro das actividades da Asociación de Aprendizaxe Grundtvig "More than Neighbours!"

cartaz_visita_het_perspectief

A partir de mañá, mércores 22 de maio, a Universidade Sénior da Coruña acolle unha delegación de 12 alumnos e alumnas do centro de formación de adultos Het Perspectief de Gante (Bélxica).

Dende o 22 ao 26 de maio, os alumnos e alumnas flamencas participarán en sesións ordinarias das asignaturas do plano de estudos da Universidade Sénior, e participarán na sesión de clausura dos Obradoiros Europeos que terá lugar no campus de Esteiro (Ferrol) o vindeiro venres, 24 de maio.

Ademais, de xeito paralelo, se ten artellado unha axenda de actos culturais e formativos cos que se trata de fomentar o mutuo coñecemento e unha cidadanía europea activa entre os alumnos e alumnas sénior galegos e flamencos.

A Universidade Sénior da Coruña ven participando dende o ano 2003 en actividades formativas de dimensión europea, e desde o ano 2008 ten asinado un convenio de intercambio de estudantes sénior e staff có Het Perspectief, un dos maiores centros de formación de adultos de Flandes.

Mais información no blog do Taller Europeo "More than Neighbours!"


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000