Foro de relacións interxeneracionais en A Coruña

Impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

foro_relacions_interxeracionais

Os alumnos/as da Universidade Sénior da Universidade da Coruña están convidados/as a participaren no "Foro de Relacións Interxeneracionais" que terá lugar o vindeiro martes, 2 de abril, a partir das 11 horas, no Salón de Actos do Centro Fonseca na Coruña.

A actividade, organizada dende ATEGAL, está impulsada pola Xunta de Galicia e a inauguración correrá a cargo da Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Dna. Beatriz Mato.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000