Conferencia sobre Psicoloxía Positiva na Universidade Sénior da Coruña

cartaz_conferencia_psicoloxia

O vindeiro martes, 9 de abril, ás 11 horas, no horario habitual da clase de Psicoloxía que imparte a Profesora Doutora Dna. Pilar García de la Torre, terá lugar unha Conferencia titulada "La actitud positiva ante la vida y su influencia en nuestro bienestar".

Esta conferencia será impartida polo Profesor Doutor D. Andrés Rodríguez, catedrático de Psicoloxía Social na Universidade de Granada, que será presentado polo Profesor Doutor D. Ricardo García Mira, da UDC.

A Conferencia vai destinada principalmente aos alumnos/as da asignatura de Psicoloxía (obrigatoria de primeiro curso) da Universidade Sénior da Coruña, e será impartida na Aula 1.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000