Os alumnos e alumnas da asignatura "Ciencia para cidadáns de hoxe" poderán participar o vindeiro 14 de maio, martes, nunha Visita Guiada á Central Térmica que a compañía ENDESA ten na localidade de As Pontes.
Hai un máximo de 50 prazas, polo que os alumnos e alumnas da asignatura que estén interesados, deberán anotarse na Secretaría da Universidade Sénior.
A viaxe ata a Central Térmica será en autobús, e a hora prevista de saída son as 9 horas.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000