Xornadas "Piornedo. Memoria dos Ancares"

Trátase da terceira edición destas Xornadas de estudo e traballo de campo nos Ancares

cartel_piornedo_2013

Nos días 6 e 7 do vindeiro mes de abril, terán lugar as Xornadas "Piornedo: Memoria dos Ancares" organizadas polo profesor J. Ramón Soraluce, como xornadas de estudo e traballo de campo en Piornedo de Ancares (Lugo).

Nesta terceira edición das xornadas poden participar os alumnos/as sénior matriculados nas asignaturas “Arte e Patrimonio” (no campus da Coruña) e “Historia da Arte” ( no campus de Ferrol), ata cubrir un cupo de 60 prazas.
Para a asistencia, que é gratuíta, é preciso realizar unha inscrición previa na Secretaría da Universidade Sénior, a partir do martes, 5 de marzo.
Os alumnos e alumnas que desexen participar deben ter en consideración que o aloxamento por conta dos alumnos/as e os desprazamentos serán tamén polos seus propios medios.

O programa das Xornadas é o seguinte:

Sábado, 6 de abril.
Traslado a Piornedo por medios propios
13:00.– Conferencia “La cultura prerrománica gallega”, Prof. Ramón Yzquierdo Perrín.
14:30.– Xantar
16:30.– Conferencia “Las pallozas y su problemática”, Arq. María González Rumbo.
17:30.– Visita a Piornedo e as pallozas museo.

Domingo, 7 de abril.
10:00.– Conferencia “Aldeas de los Ancares: Piornedo, Suarbol y Balouta”, Prof. J.Ramón Soraluce Blond
11:30.– Visita a Balouta (Ancares leoneses).
14:00.– Xantar e fin das xornadas.
 


Os alumnos/as que elaboren un traballo dalgún dos aspectos máis salientables das Xornadas recibirán unha certificación de asistencia e participación.
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000