Intercambio co Programa per a la Gent Gran (Univ. Ramón Llull) de Barcelona

cartel_intercambio_bcn

O presente curso académico 2012-2013, a Universidade Sénior da Universidade da Coruña e mailo Programa Universitari per a la Gent Grant de la Universidat Ramón Llull de Barcelona poñen en marcha un Programa de Intercambio de estudantes e staff, de carácter formativo e cultural, que persigue como obxectivos fomentar a mobilidade e a integración cultural, promover e incentivar o desenvolvemento persoal, a cidadanía activa e o envellecemento saudable.
O programa vai dirixido a un grupo de 14 alumnos e alumnas, nunha mobilidade que terá lugar entre o 8 e o 13 de abril de 2013.
Os alumnos/as interesados/as deberán entregar na Secretaría a ficha de inscripción debidamente cuberta, ata o 30 de xaneiro, incluído.
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000