O vindeiro venres, 30 de novembro ás 11 horas, terá lugar unha conferencia titulada "O Patrimonio Industrial en Galicia" a cargo do Profesor Doutor Manuel Lara Coira, da Universidade da Coruña.
Esta conferencia enmárcase nas actividades do Taller Europeo "More than Neighbours!" que está a desenvolver a Universidade Sénior da Universidade da Coruña xunto con outras institucións de educación de adultos de Alemania, República Checa, Polonia, Bélxica e Italia.
Ainda que os principais destinatarios son os participantes no citado taller, a conferencia é aberta para todos os alumnos e alumnas da Universidade Sénior, ate completar o aforo da Aula 2.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000