As alumnos e alumnas da asignatura "Arte e Patrimonio" da Universidade Sénior están convidados a participar no Ciclo de Conferencias sobre Arquitectura Popular que organiza o Departamento de Composición da Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
As Conferencias terán lugar entre os días 4 e 5 de outubro na Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña, contando con ponente como J.R. Soraluce (catedrático da UDC e docente da Universide Sénior), X.M. Rosales (Coordinador do Proxecto Terra e docente da UDC), F. Maurici (docente da Universidade de Bolonia) e L. Marino (docente da Universidade de Florencia).
Os días 6 e 7 de outubro terá lugar unhas Xornadas de Campo en Piornedo de Ancares (Lugo) coa participación de P. de Llano (catedrático da UDC), I. Bouassria (docente da Universidade de Rabat), A.S. Río (docente da Universidade da Coruña) e R. Yzquierdo (catedrático da UDC).
A asistencia é gratuíta.
Os alumnos/as que desexen participar nestas actividades deben realizar unha inscripción previa na Secretaría da Universidade Sénior.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000