Intercambio coa Universidade Permanente "Millán Santos" de Valladolid

cartel_intercambio_valladolid

Os programas universitarios para maiores da Universidade da Coruña e da Universidad de Valladolid, a Universidade Sénior e a Universidade Permanente "Millán Santos", comenzarán o vindeiro mes de maio un programa de intercambio destinado aos seus alumnos/as sénior.

A Universidade Sénior da Coruña acollerá entre o 13 e o 20 de maio a un grupo de preto de 25 profesionais e estudantes da Universidade Permanente "Millán Santos" de Valladolid.

O grupo de alumnos/as vallisoletanos participarán nas sesións ordinarias de diferentes asignaturas do plano de estudos da Universidade Sénior e particaparán nunha activa axenda cultural que está a ser deseñada.

Os alumnos/as da Universidade Sénior da Coruña que estean interesados/as en participar neste programa de intercambio están citados a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro 23 de abril, luns, ás 12 horas, na Aula 1 do CUR.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000