A UNIVERSIDADE SÉNIOR DA CORUÑA ORGANIZA UN ENCONTRO CÓ CONSUL DE BÉLXICA PARA PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO DA REALIDADE SOCIAL E CULTURAL BELGA.
O Cónsul Honorario de Bélxica na Coruña, Don D. Juan Antonio Quiroga Lage, acompañado do experto na realidade belga, Stephane Moens, participarán nun Encontro cos alumnos e alumnas da Universidade Sénior da UDC que dirixe., Pilar García.
A implicación da Universidade Sénior no desenvolvemento e execución de proxectos europeos dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, comeza no curso 2003-3004, e mantense de xeito ininterrumpido ata o actual 2010-2011, a través das Asociacións de Aprendizaxe Grundtvig.
Ademáis, desde 2008 existe un convenio bilateral de colaboración coa institución de educación de adultos HET Perspectief – Provincial Centrum voor Volwassenenonderwijs, da localidade flamenca de Gante, para o intercambio de estudantes e docentes, e maila realización de actividades comúns a través das tecnoloxías da información e a comunicación.
Actualmente, ambas instituciones participan nunha Asociación de Aprendizaxe denominada “More than Neighbours!” na que son socias institucións de educación de adultos de Alemaña, Italia, Polonia, República Checa, Bélxica e España. Un dos obxectivos desta Asociación é o análise da identidade europea e nacional partindo das raíces sociais, políticas e culturais en cada país de orixe, así como o intercambio de información e experiencias sobre o cambio nos sistemas políticos e económicos sobre todo na década de 1980. Unha delegación de 12 alumnos/as e persoal da Universidade Sénior da Coruña participará o vindeiro mes de maio no International Meeting “More than Neighbours!” que terá lugar en Gante (Bélxica).
En dito marco, a Universidade Sénior de A Coruña organiza un Encontro dos seus alumnos e alumnas có Cónsul Honorario de Bélxica na Coruña, D. Juan Antonio Quiroga Lage para profundizar no coñecemento da realidade actual deste país europeo. O Sr. Cónsul estará acompañado por D. Stephane Moens, experto na cultura belga.
A Encontro terá lugar o venres, 23 de marzo, no salón de actos do Centro Universitario de Riazor (antiga Escola de Empresariais – fronte á Casa do Auga) ás 12:00 horas.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000