Hoxe, 13 de marzo, pechouse o prazo para se inscribir na Ruta Rosaliana. Os alumnos/as da asignatura "Literatura Galega" e o resto de alumnado da Universidade Sénior podían anotarse para participar o vindeiro sábado, 17 de marzo, nesta actividade que inclúe unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón, un roteiro polos lugares que deixaron pegada na súa vida e na súa obra literaria: Lestrove, Bastavales, Compostela, ...
O programa da actividade é o seguinte:
09:00 Saída dende o CUR
11:15 Visita á Casa-Museo (Padrón)
13:00 Visita a Lestrove
13:45 Comida (organizada por ADAYEUS)
16:30 Visita a Bastavales e S. Xoan de Ortoño
17:30 Visita a Santiago de Compostela
20:00 Regreso á Coruña
O listado de participantes pódese consultar no taboleiro da Universidade Sénior no CUR da Coruña.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000