Conferencia sobre X.M. Pintos para alumnos/as de Literatura Galega

Os alumnos/as da asignatura "Literatura Galega" que imparte a profesora Pilar García Negro están convidados a asistir á Conferencia que impartirá a profesora Ríos Panise, da USC, sobre a figura de Xoan Manuel Pintos.

A conferencia terá lugar na Real Academia Galega, na rúa Tabernas 11, este martes, 7 de febreiro, ás 20 horas.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000